Día Mundial Contra o Cancro
O pasado venres, día 4 de febreiro, como parte da nosa colaboración, realizamos un paseo benéfico a favor da Asociación Española Contra o Cancro e estamos emocionados coa solidariedade demostrada.
O pasado venres, día 4 de febreiro, como parte da nosa colaboración, realizamos un paseo benéfico a favor da Asociación Española Contra o Cancro e estamos emocionados coa solidariedade demostrada.
Dende o pasado mes de outubro, estamos a colaborar coa Asociación Española Contra o Cancro, realizando un paseo mensual por diversas partes da cidade para os membros da Asociación. Nese mes inicial camiñamos polo Monte de San Pedro, en novembro foi a quenda d’#ACoruñaDosArtesáns e en decembro seguimos as pegadas dos antigos peregrinos medievais polo Camiño…