O pasado sábado 2 de abril fixemos un paseo especial dentro da nosa colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro. Descubrimos a Coruña de finais do XIX e visitamos a casa Museo Picasso para falar dos anos nos que o xenio malagueño residiu na nosa cidade. Moitas grazas a todas as persoas asistentes e tamén aos Museos Históricos da Coruña por facilitarnos o traballo.
O día acompañou e decidimos facer foto de grupo diante da estatua de Eusebio da Guarda, destacado benefactor herculino e un dos «culpables» de que o pequeno Pablo viñese estudar á nosa cidade.