Entre murallas

A nosa colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro continúa e o pasado 23 de abril realizamos un novo paseo especial co nome «Entre Murallas». Nel repasamos a historia das murallas da cidade, terminando cunha visita no interior do Castelo de San Antón.

A Coruña Picassiana

O pasado sábado 2 de abril fixemos un paseo especial dentro da nosa colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro. Descubrimos a Coruña de finais do XIX e visitamos a casa Museo Picasso para falar dos anos nos que o xenio malagueño residiu na nosa cidade.

Paseo benéfico pola #CoruñaInvisible

Dende o pasado mes de outubro, estamos a colaborar coa Asociación Española Contra o Cancro, realizando un paseo mensual por diversas partes da cidade para os membros da Asociación. Nese mes inicial camiñamos polo Monte de San Pedro, en novembro foi a quenda d’#ACoruñaDosArtesáns e en decembro seguimos as pegadas dos antigos peregrinos medievais polo Camiño…

Ampliar

A Coruña cascarilleira

O noso nome ten aroma a chocolate. Se liches Que é isto?, a estas alturas xa sabes o por que. E é que desde o século XIX, A Coruña converteuse nun porto no que se descargaba gran cantidade de cacao de moi boa calidade. Pronto empezaron a nacer e consolidarse as fábricas de chocolate, que…

Ampliar