O pasado venres, día 4 de febreiro, como parte da nosa colaboración, realizamos un paseo benéfico a favor da Asociación Española Contra o Cancro e estamos emocionados coa solidariedade demostrada. Unha visita nocturna á que acudiron 23 persoas, que a pesar da choiva acompañáronnos e mostráronse moi interesadas por descubrir a nosa #CoruñaInvisible. Esta é a cuarta visita que realizamos en colaboración coa Asociación, despois de estar xa visitando o Monte de San Pedro (Outubro), #ACoruñaDosArtesáns (novembro) e percorrer un pequeno tramo do Camiño Inglés (decembro). O noso seguinte paseo será xa no mes de marzo, onde haberá dúas datas para descubrir A Cidade de Picasso e a antiga viaxe de auga de San Pedro de Visma.
Moitas grazas por vir axudarnos a recadar fondos para unha causa tan nobre, e moitas grazas tamén ao diario Quincemil por facerse eco desta iniciativa no seu diario (Le a nova aquí).