Vaia paseo bonito organizan visitando artesáns da cidade! Escoitamos cerámica, viaxamos no tempo, respiramos cheiros de fai 3 pandemias e tremenda sobremesa! Todo cicelado cunha chea de historias xeniais e por zonas menos coñecidas (e máis tranquilas!) da Coruña. Recomendadísimo!

Bono Artesáns
Natalia (Artesáns)

Escollemos esta visita por ser a máis orixinal, inusual e diferente. Gozamos moito coñecendo os segredos do Camiño de Santiago Inglés. Ideal se buscas un roteiro sen aglomeracións e que saia das típicas zonas turísticas. O guía realizou un traballo impecable, é superprofesional e ameno, as tres horas pasáronsenos voando!

Bono Camino Inglés
Noela (Camiño Inglés)

Fantástica visita. Aida é unha guía excepcional. Foi un percorrido moi ameno e adaptado ao noso grupo. Pasámolo fenomenal e aprendemos moito. Repetiremos seguro.

Bono Camino Inglés
Sara (Camiño Inglés)

Somos os 4 de Coruña e facía tempo que non viamos a nosa cidade como o fixemos hoxe.  Foi un paseo cómodo e relaxado polo Monte de San Pedro, felicito aos guías que nos ilustraron sobre a historia e anécdotas da zona. Recomendable ao 100%.

Bono Monte de San Pedro
Héctor (San Pedro)

Un paseo moi agradable, para ver e aprender historia e curiosidades da cidade. Xenial.

Bono Monte de San Pedro
Loli (San Pedro)

Unha experiencia fantástica, merquei un bono hai uns meses e o percorrido, o trato e a visita foron xeniais, moi recomendable para facer en parella ou con amigos. Sen dúbida repetirei!

Bono Torre de Hércules
Érica (Parque Escultórico)

Paseos distintos, nos que descobres cousas que nin imaxinas da cidade. Nótase que lles apaixona o que fan. O tempo pásase voando con estes guías. Merece a pena 100%. Fixen a do Parque Escultórico e estou desexando facer o resto!

Bono Torre de Hércules
Alicia (Parque Escultórico)

Onte puiden percorrer a “Viaxe da auga” e foi unha experiencia marabillosa. Sendeirismo urbano na zona máis rural da cidade, un proxecto interesantísimo de memoria local e unha riqueza paisaxística con toques de medioambiente. O relato engancha e parece que non pasa o tempo, e foron 2 h!

Bono El viaje del agua
Irune (A viaxe da auga)

Encantounos a ruta do Camiño Inglés. Moi entretida de principio a fin. Descubrimos sitios e curiosidades da Coruña que non coñeciamos e a sensación final foi moi boa. Sen dúbida repetiremos con eles noutras rutas.

Bono Camino Inglés
Andrea (Camiño Inglés)

Fixemos o roteiro da contorna da Torre de Hércules e non puido saír mellor. Acompañou a meteoroloxía e pasámolo xenial. Unha visión alternativa á tradicional das guías turísticas, aprendemos moito, participamos da experiencia e gozamos das máis de 2 horas que durou.

Bono Torre de Hércules
Pablo (Parque Escultórico)