Aida en el Archivo del Reino de Galicia

Que significa que paseamos pola #CoruñaInvisible? Pois que nos centramos nos aspectos máis descoñecidos da nosa cidade. Tentamos poñer en valor monumentos esquecidos ou lugares con valor patrimonial que merecen ser divulgados.

Non sempre podemos contar todo o que nos apetece nos paseos cascarilleiros, e por ese motivo creamos os paseos de edición limitada. Trátase de itinerarios con temáticas moi concretas e específicas que nacen da nosa obsesión polas historias máis ocultas da Coruña. Estes paseos, polas súas características, celébranse cunha periodicidade máis reducida.

Aproveita, son oportunidades únicas!

A Coruña dos artesáns

Bono Artesáns

Zapatería, ferrerías, carniceiros, mantelería, moedeiros e mareantes. As pegadas dos artesáns e a memoria dos seus oficios aínda resonan nos nosos oídos cando paseamos polas rúas da Cidade Vella ou a Pescaría. Na Idade Media, os gremios eran parte importante na estrutura social da buliciosa cidade da Coruña. Hoxe en día a elaboración artesá esmorece na nosa urbe, polo que queremos darlle protagonismo aos artistas do século XXI.

Coñece a historia dos gremios coruñeses e visita connosco a algúns dos artesáns que conservan os oficios tradicionais na Coruña.


Duración
– 3 horas aproximadamente

Este paseo realízase en datas concretas debido ás súas características.

Compra o teu bono A Coruña dos artesáns na nosa tenda online.

Pantasmas da Coruña

Syra Alonso volve á urbe herculina que a viu nacer, e na que sempre quixo vivir, para facer de cronista e repasar algúns dos eventos históricos máis destacados da cidade. No seu periplo, atoparase con queixumes na escuridade. Con bágoas que se perden na choiva. Co amor e coa guerra. Con almas esquecidas que resucitan para pasear pola Coruña invisible e contar a súa historia máis oculta. Coas pantasmas da Coruña.

Atréveste?


Duración
– 2 horas aproximadamente

Este paseo realízase en datas concretas debido ás súas características.

Compra o teu bono Pantasmas da Coruña na nosa tenda online.