A Coruña é monumental e histórica. O seu faro milenario, o seu porto e a súa cidade vella teñen moito que contar. Pero parte das súas grandes historias non están nas zonas turísticas. Por iso, cando creamos o noso proxecto, decidimos artellar uns paseos para poñer en valor os barrios da Coruña.
A serie de paseos Moi de barrio é distinta, especial, auténtica e moi coruña. Son paseos onde nos centramos na toponimia, na identidade, nos lugares con ADN coruñés, no que nos fai únicxs.
E ti, es de barrio?
A viaxe da auga
O coruñés do s. XVIII estaba obrigado a percorrer grandes distancias para carretar auga que logo sería usada fundamentalmente con fins domésticos ou de explotación dos seus labradíos e incluso dos seus talleres artesáns, fábricas ou negocios. Ata que chegou a condución da “Grande Obra de San Pedro de Visma”.
Pérdete connosco polos antigos camiños da Gramela, sendeiros que quedaron conxelados no tempo fronte á gran cidade. Natureza que resiste desafiante ante o formigón.
Duración – 2 horas aproximadamente.
Compra o teu bono A viaxe da agua na nosa tenda online.
Antigo Concello de Oza
Houbo un tempo no que lugares tan coruñeses como Monelos, Os Castros ou As Xubias non pertencían ao termo municipal. Formaban parte do antigo Concello de Oza, un lugar cheo de historia e onde se situaban algúns dos puntos emblemáticos da nosa cidade. Debido ao crecemento imparable da Coruña e a necesidade de contar con máis espazo, foi anexionado no ano 1912 e desapareceu. Durante este percorrido, visitamos algúns dos lugares que fixeron que Oza fose un sitio tan peculiar.
Duración – 2 horas aproximadamente.
Compra o teu bono Antigo Concello de Oza na nosa tenda online.