Aida caminando

Os nosos paseos están baseados na filosofía do slow tourism, e por iso os paseos cascarilleiros son paseos sen reloxo. Están pensados para gozar sen présas, dándolle preferencia aos espazos naturais e zonas verdes da cidade. Queremos desfrutar con cada grupo e rachar coas dinámicas tradicionais entre guía e público. Isto quere dicir que excepto nos paseos de edición limitada, a data e hora de inicio son totalmente a convir, sempre e cando teñamos dispoñibilidade, claro 🙂

A duración das nosas actividades oscila entre as 2 e as 3 horas, dependendo do paseo. Non son moi esixentes fisicamente, pero cómpre ter certo hábito de camiñar. Recomendamos levar calzado cómodo e, aínda que o día acompañe, sempre ter a man roupa de abrigo.

Estas son as nosas propostas: