Dende o pasado mes de outubro, estamos a colaborar coa Asociación Española Contra o Cancro, realizando un paseo mensual por diversas partes da cidade para os membros da Asociación. Nese mes inicial camiñamos polo Monte de San Pedro, en novembro foi a quenda d’#ACoruñaDosArtesáns e en decembro seguimos as pegadas dos antigos peregrinos medievais polo Camiño Inglés.
Co gallo do Día Mundial Contra o Cancro, o vindeiro venres 4 de febreiro, ás 19:30, realizaremos un paseo nocturno benéfico pola #CoruñaInvisible para recoller fondos a favor desta causa. Se queres descubrir os segredos da Cidade Vella e colaborar connosco, podes apuntarte no enderezo de correo electrónico acoruna@contraelcancer.es ou no teléfono 981 14 27 40.