Somos coruñeses.

Somos cascarilleiros.

Paseamos pola #CoruñaInvisible.

Bote de cascarilla

A cascarilla é algo propio da identidade da Coruña. Nun porto no que se descargaba gran cantidade de cacao, a casca do mesmo empezou a ser un produto que se consumía bastante en forma de infusión, en gran medida porque resultaba máis barato. Por ese motivo, as xentes de Santiago de Compostela, Ferrol, etc., empezaron a referirse aos cidadáns herculinos como “cascarilleiros”.

O alcume, que tiña certa intención burlesca, foi asumido polos coruñeses con orgullo, converténdoo no xentilicio non oficial da cidade. Queremos recuperar esta tradición, facendo que a cascarilla sexa moi protagonista no que facemos. E queremos espertar ese orgullo “ coruño” tanto en locais como en forasteiros.

A cascarilla ten múltiples propiedades beneficiosas debido ao seu alto contido en magnesio, acedos oleico e linoleico, vitaminas e pectinas. Así que é recomendable tomala para a saúde gastrointestinal, para o cansazo, debilidade ou astenia, para a inflamación e retención de líquidos e como fonte de fibra.

Os paseos cascarilleiros son ricos en cascarilla, e ademais, teñen todas as vantaxes asociadas a pasear, así que durmirás mellor, aumentará a túa serotonina, a túa circulación e o teu humor.

E sen efectos secundarios!

 

A FILOSOFÍA CASCARILLEIRA

Aida y Manu en la Torre

Somos Aida Aguiar e Manu Sánchez, dous guías de turismo apaixonados pola nosa cidade, que despois de 11 años de traxectoria profesional ligada ao turismo, decidimos crear o noso propio proxecto: Cascarilleiros.

Se algo temos claro, é que non toda a historia foi contada. É por iso que, nas nosas rutas, buscamos centrarnos en zonas e espazos que non se inclúen nos circuítos turísticos e culturais tradicionais. Apostamos pola natureza e os espazos ao aire libre. Por rachar coas dinámicas típicas entre público e guía. Queremos facer sentir a cada persoa da mesma maneira que se fósemos de paseo cuns amigos que non coñecen a cidade.

Ofrecemos saír a camiñar, a vivir o momento, a rirnos. Sen présa! Parando para escoitar o son do mar, a experimentar os aromas, sacar fotografías… E é que os nosos paseos teñen moito tamén de sensorial. Queremos que as persoas non se limiten a escoitar, se non que sexan parte activa das mesmas, que se impliquen e sexan capaces de sentir o que lles estamos contando. E de paso que aprendan cousas sobre a nosa historia e a nosa cultura. Serán desta maneira os nosos acompañantes os que van decidir o rumbo do itinerario.

 

PASEOS CASCARILLEIROS

Os nosos paseos están baseados na filosofía do slow tourism, o que quere dicir que están pensados para gozar sen présas, dándolle preferencia aos espazos naturais e zonas verdes da cidade. A súa duración oscila entre as 2 e as 3 horas, dependendo do paseo. Non son moi esixentes fisicamente, pero cómpre ter certo hábito de camiñar. Recomendamos levar calzado cómodo e, aínda que o día acompañe, sempre ter a man roupa de abrigo.

Estas son as nosas propostas:

 
Parque Escultórico da Torre de Hércules


Edificio milenario, atalaia atlántica, faro máis antigo do mundo en funcionamento… e ademais, rodeado por 47 hectáreas de arte, historia, flora e fauna. Un auténtico museo ao aire libre cheo de sucesos e lendas. Unha paisaxe de ilusión que queremos axudarche a interpretar. Un roteiro no que poderás gozar con todos os sentidos e estar en contacto coa natureza.

Duración – 2 horas e media aproximadamente.

(Non inclúe a entrada ao monumento).

Compra o teu bono do Parque Escultórico na nosa tenda en liña.

 


Monte de San Pedro

Bono Monte de San Pedro
A tecnoloxía militar máis avanzada do mundo naquel momento e a máis potente usada por España en toda a súa historia. Maquinaria que conseguiu intimidar aos Aliados na Segunda Guerra Mundial. Canóns de máis de 17 metros de lonxitude. Aínda que non o pareza, estou a falar da Coruña. En concreto, da Batería de costa do Monte de San Pedro.

Ven descubrir os segredos que oculta este verdadeiro pulmón verde. Relatos de guerra, de espionaxe, de valentía e de dedicación. E todo no medio dun marco incomparable, coas mellores vistas panorámicas da cidade.

Duración – 2 horas aproximadamente.

Compra o teu bono do Monte de San Pedro na nosa tenda en liña.

 

Camiño Inglés pola costa

Bono Camino Inglés
Sabías que durante os séculos XIV e XV, A Coruña foi o principal porto de recepción de peregrinos de toda a costa galega? Nun contexto de inseguridade, as viaxes por mar considerábanse máis seguros, e así, centos de camiñantes procedentes das Illas Británicas, Francia ou Escandinavia chegaron á nosa terra.

Duración – 3 horas aproximadamente.

Compra o teu bono do Camiño Inglés pola costa na nosa tenda en liña.



A viaxe da auga (Visma)

Bono El viaje del agua
O coruñés do s. XVIII estaba obrigado a percorrer grandes distancias para carretar auga que logo sería usada fundamentalmente con fins domésticos ou de explotación dos seus labradíos e incluso dos seus talleres artesans, fábricas ou negocios. Ata que chegou a conducción da “Grande Obra de San Pedro de Visma”.

Pérdete connosco polos antigos camiños da Gramela, sendeiros que quedaron conxelados no tempo fronte á gran cidade. Natureza que resiste desafiante ante o formigón.

Duración – 2 horas aproximadamente.

Compra o teu bono A viaxe da agua na nosa tenda online.

 

A Coruña dos artesáns

Bono Artesáns
Zapatería, ferreirías, carniceiros, mantelería, moedeiros e mareantes. As pegadas dos artesáns e a memoria dos seus oficios aínda resonan nos nosos oídos cando paseamos polas rúas da Cidade Vella ou a Pescaría. Na Idade Media, os gremios eran parte importante na estructura social da buliciosa cidade da Coruña. Hoxe en día a elaboración artesá esmorece na nosa urbe, polo que queremos darlle protagonismo aos artistas do século XXI.

Coñece a historia dos gremios coruñeses e visita connosco a algúns dos artesáns que conservan os oficios tradicionais na Coruña.


Duración – 3 horas aproximadamente

Este paseo realízase en datas concretas. 

Compra o teu bono A Coruña dos artesáns na nosa tenda online.



Extra: Paseo Cascarilleiro

Bono Paseo Cascarilleiro

¿Queres facer un agasallo, pero non sabes cal dos nosos paseos lle pode gustar máis? ¡Non te preocupes! O noso bono Cascarilleiro é todo terreo, e está pensado para adaptarse e ser flexible. Dállo a esa persona especial para que poida escoller entre as seguintes rutas:

Parque Escultórico da Torre de Hércules.
Monte de San Pedro.
A viaxe da auga (Visma).

(No caso de elexir o Parque Escultórico da Torre de Hércules, o bono non inclúe a entrada ó monumento).

Compra o teu bono Paseo Cascarilleiro na nosa tenda en liña.


TARIFAS CASCARILLEIRAS

¿Queres desfrutar dunha experiencia diferente? Cascarilleiros.

¿Gústache a natureza e pasear con calma? Cascarilleiros.

¿Buscas un agasallo original? Cascarilleiros.


Cantos máis sexades, máis económico é o prezo. Compra o teu bono na nosa tenda online e enviarémosche o noso deseño personalizado para a súa impresión nunha postal de 10×15.

(IMPORTANTE – Edición a 19/3/2021: As últimas medidas publicadas no Diario Oficial de Galicia estipulan que se poden facer visitas con grupos de 8 personas máis guía).

A nosa idea é ir ampliando a nosa gama de servizos. Pronto toda a información estará dispoñíble na nosa páxina web: cascarilleiros.com (Actualmente en construcción).

RESERVAS CASCARILLEIRAS

Só tes que:

– CHAMARNOS ao 647 120 347 ou ao 661 385 509.

– Escribirnos por WhatsApp.

– Por correo electrónico: paseos@cascarilleiros.com

Solicita o teu paseo polo menos 48 horas antes. As reservas estarán suxeitas a dispoñibilidade. Os paseos celebraranse sempre e cando a situación o permita. No caso de suspensión debida al COVID-19, a peches perimetrais ou cuarentena, ofrécese a reubicación da data sen custe adicional.

Método de pago:

Efectivo.

Transferencia ao número de conta ES37 1465 0240 11 1714919230.

Bizum ao número de teléfono 661 38 55 09.