Descripción
Houbo un tempo no que lugares tan coruñeses como Monelos, Os Castros ou As Xubias non pertencían ao termo municipal. Formaban parte do antigo Concello de Oza, un lugar cheo de historia e onde se situaban algúns dos puntos emblemáticos da nosa cidade. Debido ao crecemento imparable da Coruña e a necesidade de contar con máis espazo, foi anexionado no ano 1912 e desapareceu. Durante este percorrido, visitamos algúns dos lugares que fixeron que Oza fose un sitio tan peculiar.
Punto de encontro – Igrexa de Santa María de Oza.
Duración – 2 horas aproximadamente.
Dificultade – Media.
Validez do bono – A trocar durante o 2022.
Prezo – 12 € por persona.
A realización dos paseos está suxeita a dispoñibilidade e á situación sanitaria. Menores de 6 años non pagan, pero computan para o grupo. Se tes calquera dúbida, ponte en contacto connosco en paseos@cascarilleiros.com
Reseñas
Aínda non hai valoracións.