Descripción
Edificio milenario, atalaia atlántica, faro máis antigo do mundo en funcionamento… e, ademais, rodeado por 47 hectáreas de arte, historia, flora e fauna. Un auténtico museo ao aire libre cheo de historias e lendas. Unha paisaxe marabillosa que queremos axudarche a interpretar.
Buscas un plan orixinal? Regálate Cascarilleiros e ven pasear connosco polo Parque Escultórico da Torre de Hércules. Un roteiro no que poderás gozar con todos os sentidos e estar en contacto coa natureza.
Punto de encontro – Menhires pola paz.
Duración – 2 horas e media aproximadamente.
Dificultade – Baixa.
Validez do bono – A trocar durante o 2022.
Prezo – 15 € por persona.
(Non inclúe a entrada ao monumento).
A realización dos paseos está suxeita a disponibilidade e á situación sanitaria. Menores de 6 anos non pagan, pero computan para o grupo. Se tes calquera dúbida, ponte en contacto connosco en paseos@cascarilleiros.com
Reseñas
Aínda non hai valoracións.