Manu en el Parque Escultórico

Os paseos cascarilleiros forman parte da nosa oferta durante todo o ano. Son o resultado dun traballo de moitos meses identificando as zonas máis especiais da nosa cidade e recompilando as súas historias. A intención é que saiamos camiñar como se fósemos amigos de toda a vida e que todo el mundo poida falar e participar, por iso os nosos grupos son reducidos.

Velaquí vos deixamos unha descripción de cada un deles:

Coruña Invisible

Coruña Invisible

Esta non é a típica visita á Cidade Vella. Sí, é polo casco antigo, e sí, sírvenos para explicar a evolución histórica da Coruña, desde as súas orixes prerromanas ata a actualidade. Pero centrarémonos nos aspectos máis descoñecidos, os lugares menos visitados e os segredos que oculta a antiga Cidade Alta herculina.


Duración
– 2 horas aproximadamente.

Compra o teu bono Coruña Invisible na nosa tenda en liña.

Parque Escultórico da Torre de Hércules

Edificio milenario, atalaia atlántica, faro máis antigo do mundo en funcionamento… e ademais, rodeado por 47 hectáreas de arte, historia, flora e fauna. Un auténtico museo ao aire libre cheo de sucesos e lendas. Unha paisaxe de ilusión que queremos axudarche a interpretar. Un roteiro no que poderás gozar con todos os sentidos e estar en contacto coa natureza.


Duración
– 2 horas e media aproximadamente.

(Non inclúe a entrada ao monumento).

Compra o teu bono do Parque Escultórico na nosa tenda en liña.

Monte de San Pedro

Bono Monte de San Pedro

A tecnoloxía militar máis avanzada do mundo naquel momento e a máis potente usada por España en toda a súa historia. Maquinaria que conseguiu intimidar aos Aliados na Segunda Guerra Mundial. Canóns de máis de 17 metros de lonxitude. Aínda que non o pareza, estou a falar da Coruña. En concreto, da Batería de costa do Monte de San Pedro.

Ven descubrir os segredos que oculta este verdadeiro pulmón verde. Relatos de guerra, de espionaxe, de valentía e de dedicación. E todo no medio dun marco incomparable, coas mellores vistas panorámicas da cidade.


Duración
– 2 horas aproximadamente.

Compra o teu bono do Monte de San Pedro na nosa tenda en liña.

Camiño Inglés

Bono Camino Inglés

Sabías que durante os séculos XIV e XV, A Coruña foi o principal porto de recepción de peregrinos de toda a costa galega? Nun contexto de inseguridade, as viaxes por mar considerábanse máis seguros, e así, centos de camiñantes procedentes das Illas Británicas, Francia ou Escandinavia chegaron á nosa terra.

Revive as pegadas dos peregrinos medievais e ven visitar os lugares xacobeos da Coruña co bono Camiño Inglés cascarilleiro.


Duración
– 2 horas aproximadamente.

Compra o teu bono do Camiño Inglés na nosa tenda en liña.

Extra: Paseo Cascarilleiro  

Bono Paseo Cascarilleiro

Queres facer un agasallo, pero non sabes cal dos nosos paseos lle pode gustar máis? Non te preocupes! O noso bono Cascarilleiro é todo terreo, e está pensado para adaptarse e ser flexible. Dállo a esa persona especial para que poida escoller entre as seguintes rutas:

Coruña Invisible.

Parque Escultórico da Torre de Hércules.

Monte de San Pedro.

Camiño Inglés.

 

(No caso de elexir o Parque Escultórico da Torre de Hércules, o bono non inclúe a entrada ó monumento).

Compra o teu bono Paseo Cascarilleiro na nosa tenda en liña.