Descripción
Zapatería, ferreirías, carniceiros, mantelería, moedeiros e mareantes. As pegadas dos artesáns e a memoria dos seus oficios aínda resonan nos nosos oídos cando paseamos polas rúas da Cidade Vella ou a Pescaría. Na Idade Media, os gremios eran parte importante na estructura social da buliciosa cidade da Coruña. Hoxe en día a elaboración artesá esmorece na nosa urbe, polo que queremos darlle protagonismo aos artistas do século XXI.
Coñece a historia dos gremios coruñeses e visita connosco a algúns dos artesáns que conservan os oficios tradicionais na Coruña. Ó rematar o paseo poderás desfrutar dun petisco cortesía do restaurante Millo Orzán.
Punto de encontro – Hotel NH Collection A Coruña Finisterre.
Duración – 3 horas aproximadamente.
Dificultade – Baixa.
Prezo – 20 € por persona.
Este paseo realízase en datas concretas. A realización dos paseos está suxeita a dispoñibilidade e á situación sanitaria. Se tes calquera dúbida, ponte en contacto connosco en paseos@cascarilleiros.com
Reseñas
Aínda non hai valoracións.